miércoles, 5 de octubre de 2016

Crocus, a maleta das emocións e a mochila viaxeira.

Esta semana tivemos unha visita sorpresa: veu Crocus cunha maleta chea de libros novos relacionados coas emocións e os sentimentos. Puidemos ver moitos contos, pero non todos. Limos algúns, as mestras léronnos outros, doutros imaxinamos o contido vendo os debuxos,... a ver se hai sorte e a maleta volve pola clase para seguir viaxando no mundo das emocións.






Ademais, o mes de outubro iniciase coa apertura da biblioteca, a cal será visitada polos nenos en horario de clase e podedes visitar pola tarde (luns, mercores e venres de 17.00 a 18.00) para coller emprestado algún libro (en galego, castelán ou inglés) para ler ós vosos nenos ou para que eles volos lean.
As normas, novidades e eventos que se fagan na biblioteca están recollidos no seu blog: http://bibliotecadosmilmundos.blogspot.com.es/

E outra novidade deste mes é que empezamos a empregar as mochilas viaxeiras para implicar á familia na promoción da lectura, proporcionando un motivo de encontro entre os membros, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
O contido da mochila viaxeira de primeiro é:
  • Poemas de caramelo. Pintar editorial.
  • Ver e ler… os gnomos. Edicións Salvora.
  • Cosas de… brujas. Bruño.
  • ¡Achís! Guía de los buenos modales. Elfos ediciones.
  • Back to school. Combel.
  • Revista Miñocas. Ano 2016.

Ademais destes libros achégase un caderno, no que cada alumno (coa axuda da súa familia) deberá escribir un pequeno texto no que diga o libro que máis lle gustou e o motivo. Este pode estar acompañado dun debuxo.


2 comentarios: