Un saudo a todos!!
miércoles, 21 de diciembre de 2016
Festival de Nadal
Aquí tedes algunhas fotos do festival de Nadal, no que bailamos e cantamos a canción de Navidad Rock.
martes, 20 de diciembre de 2016
Visita de Papá Nöel
Este ano, tamén fomos dos afortunados en recibir nin máis nin menos a visita de Papá Nöel no cole!! e por se acaso demoslle as nosas propias cartas!!! agora toca esperar ata o día de Nadal, a ver se temos algún agasallo :D
Aquí algunhas fotos!
Aquí algunhas fotos!
lunes, 19 de diciembre de 2016
Visita a Balaidos
E chegou a primeira excursión!! Fomos a coñecer o estadio do Celta, Balaidos, asi como o museo, as gradas e mesmo os vestuarios.
Aquí tedes algunha foto deste fantástico día!
Un saúdo
Aquí tedes algunha foto deste fantástico día!
Un saúdo
lunes, 28 de noviembre de 2016
Facendo pasta de dentes
Nesta ocasión os alumnos de primeiro de primaria tivemos a oportunidade de aprender a facer a nosa propia pasta de dentes!!
En primeiro lugar descubrimos os ingredientes: auga con sal, arcilla branca, edulcorante.
e despois puxemosnos a fabricala en pequenos grupos, sempre asesorados e guiados polo servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo.
Aqui tedes algunhas fotos do proceso... e a proba, teredes que pedirlla a estes nenos.
Un saúdo
En primeiro lugar descubrimos os ingredientes: auga con sal, arcilla branca, edulcorante.
e despois puxemosnos a fabricala en pequenos grupos, sempre asesorados e guiados polo servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo.
Aqui tedes algunhas fotos do proceso... e a proba, teredes que pedirlla a estes nenos.
Un saúdo
domingo, 13 de noviembre de 2016
Magosto
O viernes celebramos o Magosto no centro. Para iso, primeiro decoramos os
nosos cucuruchos con motivos otoñales (follas, castañas e landras). Aquí tedes
algunha imaxe:
Despois os alumnos de infantil,1º e 2º recitaron un poema as castañas, e
despois escoitaron no patio as actuacións dos seus compañeiros.
Ó remate das actuacións chegou o ansiado momento de comer as castañas asadas!!
Rematamos a xornada cuns xogos: o comecastañas, un atrapa as castañas
(parecido o pañuelo) e ver quen aguanta mais con castañas na cabeza.
Samaín
A última semana de outubro, con motivo da celebración do Samaín, os nenos e
as familias fixeron cabazas para decorar os pasillos do centro. Aquí tedes alguna
imaxe das cabazas dos vosos cativos:
Tamén decoramos a clase, mesmo fixemos un photocall para sacar fotos coas
nosas cabazas e as caroutas que fixemos (unhas calaveras mexicanas). Aquí tedes
algunha imaxe.
Para rematar, comemos palomitas mentres viamos un anaco da película Monstruos S.A.
domingo, 23 de octubre de 2016
As vogais
Ola!!
Esta semana, entre moitas cousas, rematamos coas vogais (maiúsculas e
minúsculas), ainda que seguiremos traballando con elas… pero a partir de agora, acompañando ás consoantes.
A continuación, deixovos unha serie de recursos para poder traballar cos
vosos fill@s:
VIDEOS
- Letrilandia, o país das letras https://www.youtube.com/watch?v=l9QBfNVUsmo
- O rei U: https://www.youtube.com/watch?v=9KJMbH_nOaM
- A reina A: https://www.youtube.com/watch?v=IqEo0moRxLk
- O príncipe e: https://www.youtube.com/watch?v=gue_pgkxGZ4
- A princesa i: https://www.youtube.com/watch?v=SLAtlvwhGsQ
- A princesa o: https://www.youtube.com/watch?v=9eAIjJpVY7g
- Trazado das vogais maiúsculas: https://www.youtube.com/watch?v=vt_xAyJTRCg
XOGOS E APLICACIÓNS:
- Xogo moi completo para practicar as vogais (maiúsculas y minúsculas) http://www.chiscos.net/repolim/lim/las_vocales/las_vocales.html
- Na seguinte páxina podedes descargar actividades para practicar a discriminación auditiva-visual das letras e animacións para ver o seu trazado, así como fichas para practicar este trazado: http://www.waece.org/fonemas/index.html
- Web para practicar o trazo e recoñecemento das vogais, no nivel 1, xa que os outros niveis teñen consoantes: http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2007/aprendizaje_lectoescritura/html/menu3.html
- Web con varios xogos para practicar o trazado e a lectura das vogais: http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2003/vocales/escritura/inicio.htm
- Aplicación descargable para identificar o fonema das letras e o trazado: http://abckit.es/
- Outra aplicación que se pode descargar para traballar as vocales atópase no seguinte enlace https://play.google.com/store/apps/details?id=air.VOCALES&hl=es
- Esta é outra aplicación descargable para practicar o trazado das vogais (maiúsculas e minúsculas: https://play.google.com/store/apps/details?id=air.vocales&hl=es
- Xogo para identificar o sonido das vogais en algunhas palabras (representadas por imáxenes) http://www.mundoprimaria.com/xogos-lenguaje/xogo-vocales/
- No seguinte xogo se traballa a identificación grafema-fonema das vogais, é decir, o son das letras coa sua grafía http://www.pipoclub.com/xogos-para-ninos-gratis/xogo-tortugas.html.
- Para asociar o son con unha vocal (maiúscula e minúscula) pódese empregar o seguinte xogo : http://www.cokitos.com/game.php?id=3318
- No seguinte xogo, hai que identificar e clasificar as vogais: https://dl.dropboxusercontent.com/u/75491996/mercedariasinfantil/lectoescritura/magiavocal.swf
- O seguinte xogo https://www.xogosarcoiris.com/xogos/letras/vocales/ consiste en diferenciar vogais de consoantes.
- Para aqueles nen@s que xa saben ler, poden xogar ó seguinte xogo http://www.vedoque.com/xogos/xogo.php?j=vocales& que consiste en completar palabras con vogais.
- Seguindo a orde numérica, o neno irá formando unha palabra http://www.genmagic.org/lengua3/lab1c.swf
MATERIAL FUNXIBLE:
- No seguinte enlace https://orientacionandujar.files.wordpress.com/2009/03/programa-de-lectoescritura-vocales-completo-orientacionandujar.pdf atoparedes unha serie de fichas para traballar as vocais.
- Para traballar a conciencia fonolóxica e o trazado, tedes fichas no seguinte documento: http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2011/05/vocales-todas.pdf
Un saudo e ata a seguinte entrada.
domingo, 9 de octubre de 2016
Trazado dos números
Ola!
Durante
estas primeiras semanas de curso, na materia de matemáticas, repasamos o
trazado dos números do 1 ó 10, facendo diversas fichas como as das imaxes:
A direccionalidade do trazo é fundamental para facer os números. Nesta
imaxe podedes ver cal é a dirección idónea para facer os números. Podedes repasar
a direccionalidade facendo os números co dedo nunha bandexa chea de fariña ou
area.
A continuación, adxunto material que podedes empregar para traballar na
casa cos vosos nenos. Por un lado, material descargable, e por outro, material dispoñible
online.
MATERIAL
DESCARGABLE:
- No seguinte enlace https://docs.google.com/file/d/0ByN-xwuMVyeMazJkWG96NnBvT2s/edit podedes descargar láminas cos números, nos que se indica o inicio do trazo e o nen@ pode repasalo co dedo, con varias cores, pegar macarróns ou algodón seguindo a direccionalidade.
- No seguinte link http://www.educaplanet.com/actividadespdf/numeros1_10_escribir.pdf hai fichas para repasar a direccionalidade dos números do 1 ó 10.
- Para repasar o trazado dos numeros 1,2 e 3, tedes fichas no seguinte enlace: http://familiaycole.com/2014/11/09/ejercicios-para-escribir-numeros/
- Para traballar a direccionalidade dos numeros 4,5 e 6 tedes fichas no seguinte link: http://familiaycole.com/2014/11/12/actividades-para-escribir-numeros/
- Para os numeros 7,8 e 9, hai material descargable no seguinte enlace: http://familiaycole.com/2014/11/13/fichas-para-escribir-numeros/
MATERIAL
ONLINE
- Neste enlace http://childtopia.com/index.php?module=home&func=aenumeros&newlang=spa podedes ver a direccionalidade do trazo nos números 0 ó 9.
- Para repasar o trazado dos números podedes empregar o seguinte xogo online: http://www.playminiland.com/es/component/k2/repasa-los-numeros-1
- Outro xogo dixital para repasar o trazado se atopa na seguinte web: http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/index.html
Nos próximos días máis, un saúdo e bo domingo.
miércoles, 5 de octubre de 2016
Crocus, a maleta das emocións e a mochila viaxeira.
Esta
semana tivemos unha visita sorpresa: veu Crocus cunha maleta
chea de libros novos relacionados coas emocións e os
sentimentos. Puidemos ver moitos contos, pero non todos. Limos
algúns, as mestras léronnos outros, doutros imaxinamos o contido
vendo os debuxos,... a ver se hai sorte e a maleta volve pola clase
para seguir viaxando no mundo das emocións.
Ademais,
o mes de outubro iniciase coa apertura da biblioteca, a cal
será visitada polos nenos en horario de clase e podedes visitar pola
tarde (luns, mercores e venres de 17.00 a 18.00) para
coller emprestado algún libro (en galego, castelán ou inglés) para
ler ós vosos nenos ou para que eles volos lean.
As
normas, novidades e eventos que se fagan na biblioteca están
recollidos no seu blog:
http://bibliotecadosmilmundos.blogspot.com.es/
E
outra novidade deste mes é que empezamos a empregar as mochilas
viaxeiras para implicar
á familia na promoción da lectura, proporcionando un motivo de
encontro entre os membros, tomando como motivo o mundo dos libros e
da lectura.
O
contido da mochila viaxeira de primeiro é:
- Poemas de caramelo. Pintar editorial.
- Ver e ler… os gnomos. Edicións Salvora.
- Cosas de… brujas. Bruño.
- ¡Achís! Guía de los buenos modales. Elfos ediciones.
- Back to school. Combel.
- Revista Miñocas. Ano 2016.
Ademais
destes libros achégase un caderno, no que cada alumno (coa axuda da
súa familia) deberá escribir un pequeno texto no que diga o libro
que máis lle gustou e o motivo. Este pode estar acompañado dun
debuxo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)