domingo, 23 de octubre de 2016

As vogais

Ola!!
Esta semana, entre moitas cousas, rematamos coas vogais (maiúsculas e minúsculas), ainda que seguiremos traballando con elas… pero a partir de agora, acompañando ás consoantes.
A continuación, deixovos unha serie de recursos para poder traballar cos vosos fill@s:

VIDEOS

XOGOS E APLICACIÓNS:


MATERIAL FUNXIBLE:



Un saudo e ata a seguinte entrada.

domingo, 9 de octubre de 2016

Trazado dos números

Ola!
Durante estas primeiras semanas de curso, na materia de matemáticas, repasamos o trazado dos números do 1 ó 10, facendo diversas fichas como as das imaxes:



A direccionalidade do trazo é fundamental para facer os números. Nesta imaxe podedes ver cal é a dirección idónea para facer os números. Podedes repasar a direccionalidade facendo os números co dedo nunha bandexa chea de fariña ou area.

A continuación, adxunto material que podedes empregar para traballar na casa cos vosos nenos. Por un lado, material descargable, e por outro, material dispoñible online.

MATERIAL DESCARGABLE:


 MATERIAL ONLINE
Nos próximos días máis, un saúdo e bo domingo.

miércoles, 5 de octubre de 2016

Crocus, a maleta das emocións e a mochila viaxeira.

Esta semana tivemos unha visita sorpresa: veu Crocus cunha maleta chea de libros novos relacionados coas emocións e os sentimentos. Puidemos ver moitos contos, pero non todos. Limos algúns, as mestras léronnos outros, doutros imaxinamos o contido vendo os debuxos,... a ver se hai sorte e a maleta volve pola clase para seguir viaxando no mundo das emocións.






Ademais, o mes de outubro iniciase coa apertura da biblioteca, a cal será visitada polos nenos en horario de clase e podedes visitar pola tarde (luns, mercores e venres de 17.00 a 18.00) para coller emprestado algún libro (en galego, castelán ou inglés) para ler ós vosos nenos ou para que eles volos lean.
As normas, novidades e eventos que se fagan na biblioteca están recollidos no seu blog: http://bibliotecadosmilmundos.blogspot.com.es/

E outra novidade deste mes é que empezamos a empregar as mochilas viaxeiras para implicar á familia na promoción da lectura, proporcionando un motivo de encontro entre os membros, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
O contido da mochila viaxeira de primeiro é:
  • Poemas de caramelo. Pintar editorial.
  • Ver e ler… os gnomos. Edicións Salvora.
  • Cosas de… brujas. Bruño.
  • ¡Achís! Guía de los buenos modales. Elfos ediciones.
  • Back to school. Combel.
  • Revista Miñocas. Ano 2016.

Ademais destes libros achégase un caderno, no que cada alumno (coa axuda da súa familia) deberá escribir un pequeno texto no que diga o libro que máis lle gustou e o motivo. Este pode estar acompañado dun debuxo.