lunes, 28 de noviembre de 2016

Facendo pasta de dentes

Nesta ocasión os alumnos de primeiro de primaria tivemos a oportunidade de aprender a facer a nosa propia pasta de dentes!!
En primeiro lugar descubrimos os ingredientes: auga con sal, arcilla branca, edulcorante.
e despois puxemosnos a fabricala en pequenos grupos, sempre asesorados e guiados polo servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo.
Aqui tedes algunhas fotos do proceso... e a proba, teredes que pedirlla a estes nenos.
Un saúdo








domingo, 13 de noviembre de 2016

Magosto

O viernes celebramos o Magosto no centro. Para iso, primeiro decoramos os nosos cucuruchos con motivos otoñales (follas, castañas e landras). Aquí tedes algunha imaxe:




Despois os alumnos de infantil,1º e 2º recitaron un poema as castañas, e despois escoitaron no patio as actuacións dos seus compañeiros.
Ó remate das actuacións chegou o ansiado momento de comer as castañas asadas!!
Rematamos a xornada cuns xogos: o comecastañas, un atrapa as castañas (parecido o pañuelo) e ver quen aguanta mais con castañas na cabeza.



Samaín

A última semana de outubro, con motivo da celebración do Samaín, os nenos e as familias fixeron cabazas para decorar os pasillos do centro. Aquí tedes alguna imaxe das cabazas dos vosos cativos:


Tamén decoramos a clase, mesmo fixemos un photocall para sacar fotos coas nosas cabazas e as caroutas que fixemos (unhas calaveras mexicanas). Aquí tedes algunha imaxe.






Para rematar, comemos palomitas mentres viamos un anaco da película Monstruos S.A.