jueves, 29 de septiembre de 2016

Pupi :)



A semana pasada coñecemos a un novo compañeiro de aventuras, a Pupi, a mascota da clase.

Pupi, é un cadeliño moi especial. El ten moitas ganas de aprender, de descubrir moitas cousas e de facer moitos amiguiños, por iso está en clase todos os días acompañándonos e os venres vaise a casa dun dos aventureiros... aquel que traballe, se porte ben, axude os compañeiros, atenda en clase,... en resumo aquel que cumpra as normas.

A semana pasada foise cun aventureiro e tivo a oportunidade de aprender un pouquiño de chino, e mañá irase cun novo aventureiro ou aventureira e fará algo que seguro lle encantará.

Ademais, os rapaces coa axuda dos seus familiares irán escribindo un conto onde eles serán os protagonistas, contando o que fan con Pupi acompañado dunha foto ou un debuxo.


Un saúdo e ata a próxima entrada!!

domingo, 18 de septiembre de 2016

Comezamos!!

A primeira semana de clases

O pasado luns 12 de setembro comezaba un novo curso, un gran cambio para os nosos aventureiros e aventureiras, pois deixaban atrás a etapa de infantil para comezar a etapa de primaria, un gran cambio sen lugar a dúbida.
Nesta primeira semana fixemos moitas cousas, como aprender as rutinas diarias, fixar as normas de clase e converter a nosa aula nun espazo propio, con personalidade relacionado co eixe vertebrador do centro: OS RÍOS.
Cales son as nosas rutinas? Dende que chegamos ó cole ata que marchamos, estamos facendo rutinas. A principal, é deixar a clase tal e como a atopamos, é dicir, ordenada e limpa.
Todos os días, cando chegamos ó cole, despedímonos das nosas familias e colocámonos en fila pegados á parede para subir coa mestra á clase. Ó chegar á aula, o primeiro da fila acende as luces e os demais diríxense ó seu sitio para dar a volta á súa cadeira e poder colocar a súa mochila. A continuación, van ó colgadoiro co seu nome para deixar as chaquetas e volven á clase para comezar a xornada escolar, coa repetición das normas de clase.
Pero, cales son normas de clase?
  • Escoitar ós compañeiros e á mestra cando falan.
  • Preguntar as dúbidas que teño.
  • Traballar en silencio.
  • Levantar a man para falar.
  • Coidar e recoller o material.
  • Ir á outras clases en orde e en silencio.

A partir da próxima semana, cada grupo encargarase de comprobar se se cumpre unha norma ou non de maneira diaria.
Unha vez establecidas as normas, comezamos a traballar para converter a aula nun espazo propio. Para isto, fixemos os nomes decorados cun peixe para colocar no colgadoiro, xa que estamos nun río. Tamén eliximos un peixe para representar a cada grupo e fixemos un debuxo deste animal. Despois decoramos a porta da clase cun mural cos peixes de cada un dos membros dos grupos, tal e como se pode ver na imaxe.


Pero non todo ía ser decorar, tamén vimos que cousas e que letras sabiamos ler e escribir, e que nos lembrabamos dos números. Ademais, practicamos a expresión oral, contando unha historia sobre o debuxo que fixemos, e a comprensión oral, ó responder ás preguntas sobre o que escoitaron. Finalmente, descubrimos o que se vai traballar nas novas materias de naturais e sociais.

Isto é todo, polo momento. Agora que xa nos coñecemos e sabemos como hai que estar na clase para poder traballar, esta semana descubriremos moitas cousas, pois comeza a aventura do coñecemento, e quizais con algunha sorpresa.