jueves, 29 de septiembre de 2016

Pupi :)



A semana pasada coñecemos a un novo compañeiro de aventuras, a Pupi, a mascota da clase.

Pupi, é un cadeliño moi especial. El ten moitas ganas de aprender, de descubrir moitas cousas e de facer moitos amiguiños, por iso está en clase todos os días acompañándonos e os venres vaise a casa dun dos aventureiros... aquel que traballe, se porte ben, axude os compañeiros, atenda en clase,... en resumo aquel que cumpra as normas.

A semana pasada foise cun aventureiro e tivo a oportunidade de aprender un pouquiño de chino, e mañá irase cun novo aventureiro ou aventureira e fará algo que seguro lle encantará.

Ademais, os rapaces coa axuda dos seus familiares irán escribindo un conto onde eles serán os protagonistas, contando o que fan con Pupi acompañado dunha foto ou un debuxo.


Un saúdo e ata a próxima entrada!!

3 comentarios: